martes, 23 de abril de 2019

Hoxe é 23 de abril!

Como todos e todas sabedes, hoxe é 23 de abril e, se cabe, os libros aínda cobran maior importancia. Esta mañá cando entramos ao cole despois duns días de vacacións, a xoaniña lisa percorrera as aulas deixando unha carta informativa e, ademáis, os corredores do centro estaban engalanados con poesías de distintos escritores famosos. Como bos lectores/as, adicamos un ratiño do noso tempo a conmemorar o día do libro, lendo para elo fragmentos do Quixote, a historia deste día, así como divertíndonos cun booktrailer que os meniños/as prepararon. Foi unha xornada fermosa na que o equipo de biblioteca agasallou aos alumnos/as e aos mestres/as cun marcapáxinas e unha chapa. O vindeiro venres, remataremos a celebración cunha sesión de robótica. 

Velaquí as imaxes do ben que o pasamos!