lunes, 25 de junio de 2018

FIN DE CURSO!!

E paseniño paseniño, chegamos ao fin do curso 2017/18, no cal a biblioteca do noso centro traballou para o seu avance e perfeccionamento. Foi unha viaxe moi agradable e satisfactoria para os membros do equipo de biblioteca, os cales agradecen enormemente ao resto de equipos e docentes, así como a todos os nenos e nenas que coidaran da biblio e colaboraran con ela. 
Agora toca descansar unha tempadiña, na cal colleremos forza e impulso para que o curso que ven, a nosa biblioteca satisfaga as necesidades lectoras dos nosos meniños/as. 

Estes últimos días, deixamos os nosos carnés ben gardadiños e custodiados pola Xoaniña Lisa, para así chegar en setembro e comezar a pasar as follas dos libros con enerxía e alegría. En canto os deixamos, esquecemos por uns días as letras e despedimos o curso con moita ledicia, así como a nosa promoción do 6º curso, os cales se graduaron e xa van camino do I.E.S Carlos Casares de Viana do Bolo. Desexámoslles un bo camiño e moita enerxía para seguir traballando duro.

A Xoaniña Lisa deséxavos bo verán e moi boas leturas, vémonos en setembro!!!!!!




lunes, 23 de abril de 2018

Felíz día do libro



⬷"Para viaxar non hai mellor nave ca un libro"⤐

A cita que encabeza o noso blog xa o di todo. Cremos de verdade que os libros son unha oportunidade para imaxinar, crear, voar, soñar, desfrutar, compartir e vivir novas experiencias. Por iso, como non, neste día tan importante quixemos somerxer os nosos biblionenos e biblionenas nunha vivencia única... Saímos a ler o patio! 

Alí estábanos esperando a Xoaniña Lisa, quen nos invitou a ler libros nun entorno agradable. Ademais, como agasallo para celebrar este día, regalounos un marcapáxinas con forma de xoaniña coa cita do blog. Que atenta é esta Xoaniña! 

A continuación podedes ver algunhas das fotos que se fixeron para plasmar este día tan bonito. Espero que vos gusten.

Feliz día do libro.
23deabril













viernes, 20 de abril de 2018

O tan esperado DÍA DO LIBRO!!!!

Ola de novo!!!!

O vindeiro luns 23 de abril, conmemorase o Día do Libro. É polo tanto unha data moi relevante para as bibliotecas escolares, polo que a BIBLIOBIBEI vístese de gala para que sexa un gran día.
Con esta data preténdese rendir homenaxe tanto aos libros coma aos seus autores. Este día coincide á súa vez co falecemento de Cervantes.

Deixamos a continuación enlaces relevantes para a profundización da temática citada. Nos vindeiros días veredes o ben que o pasamos durante a xornada do luns no CEIP BIBEI!!!

Que a fin de semana sexa agradable e boas leturas xentiña!

http://blog.tiching.com/los-10-mejores-recursos-educativos-para-celebrar-el-dia-del-libro/

https://www.educaciontrespuntocero.com/formacion/lecturas-dia-internacional-libro/78428.html

http://lapiceromagico.blogspot.com.es/2015/04/50-actividades-para-el-dia-del-libro.html

http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos%20Infinity/tematicas/webquijote/index.html


domingo, 8 de abril de 2018

Contáronnos outro contiño!!!


O pasado martes 3 de abril, con motivo da conmemoración da Semana da árbore e da auga, contáronnos un contiño moi divertido na nosa biblio. Pasámolo moi ben e por un ratiño esquecemos que xa se nos acabaron as vacacións e que temos que traballar duro neste último trimestre!!!!!

Estivemos moi atentos e atentas, tratando de interiorizar que se a natureza morre, nos tamén... 

Xa para rematar, agasalláronnos cunhas landras para prantar e así aportar o noso gran de area para coidar os nosos bosques.