viernes, 26 de abril de 2019

XORNADA ESCORNABÓTICA NA SEMANA DO LIBRO!

Hoxe tivemos un día fantástico na nosa biblio, posto que estivo aberta durante toda a mañá para todos os cursos, os cales foron pasando por turnos para manexar os escornabots. O equipo de biblioteca elaborou plantillas coas súas correspondentes preguntas de temáticas diversas, tales como os contos clásicos, a CDU da biblio ou o Quixote. En función dos distintos niveis, cada curso empregou a máis adaptada, pasando unha mañá fermosa e entretida na cal tamén aprenderon moito! 


Foi deste xeito como demos por rematada a conmemoración do 23 de abril! 


Voltaremos axiña con máis novidades!