Escornaboteando

Un dos proxectos máis relevantes que se levaron a cabo dende a nosa biblioteca no que vai de curso, foi a incorporación de 5 robots, mercados durante o 2º trimestre polo equipo de biblioteca. Gracias a isto, creouse un recuncho no cal o alumnado pode facer uso dos escornabots cunha proposta variada e divertida de alfombrillas sobre os distintos eventos e conmemoracións: as partes do libro, a CDU, Día de Rosalía, Entroido, Día do Libro, Letras Galegas, etc. Estas foron elaboradas polo equipo e pasarán a formar parte do repositorio de recursos da biblioteca para uso de todo o centro. O vindeiro ano, esperamos seguir aumentando alfombrillas de temática diversa. 

Velaquí una mostra dun traballiño ben feito!

ALFOMBRILLAS