Celebracións


Todos sabemos que o día 30 de xaneiro é o "Día da Paz," pero tamén unha das datas máis destacadas do Calendario do Libro e da Lectura de Galicia,  é o Día da Ilustración, que se estableceo no ano  2014 para celebrar cada 30 de xaneiro , coincidindo co aniversario de Alfonso R. Castelao. Como se vén facendo dende hai varios anos, esta xornada ademais de lembrar  e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria  cultural galega, serve para homenaxear a un autor que contribuiu a historia da ilustración galega. Este ano o homenaxeado é Reimundo Patiño, pintor e ilustrador  coruñés , un dos pais do cómic en galego. Dende a biblioteca do noso cole para poñer o noso gran de area nesta celebración, o alumnado de 6º realizou ilustracións sobre o poema "Os lobos da xente" de Florencio Delgado Gurriarán. Froito dun curso de ilustración realizado por profes membros de bibliotecas da comarca e  dirixido pola profesora Isidora Gil. Aquí tedes unha pequena mostra do que estamos facendo nos nosos coles.



 
 


 



















































































Hoxe día 31 de Outubro, os nenos e nenas do CEIP Bibei mergulláronse nunhas actividades terroríficas para celebrar o día de Samaín. Dende a Biblioteca quixemos participar nesta celebración creando un espazo de libros coa temática do medo. En todo momento estivo presente a Xoaniña Lisa, que para esta ocasión especial disfrazouse de bruxa.