lunes, 8 de abril de 2019

OS ADULTOS ROBOTIZÁMONOS!

Para transmitir aprendizaxe, debemos aprender... é por isto que, hoxe, visitounos un membro do centro de robótica de Galicia para ofrecernos aos mestres e mestras do CEIP BIBEI unha sesión formativa de robótica. Coñecemos as distintas versións de robots que están actualmente no mercado e observamos diversas plantillas. 

Deste xeito, o vindeiro 26 de abril, levaremos a cabo unha sesión de robótica para conmemorar o DÍA DO LIBRO, estreando ese día os escornabots que xa forman parte da nosa biblioteca. Que emoción sentimos!!

Ata pronto e a disfrutar das ansiadas vacacións bibliotequeiros/as!!