lunes, 8 de marzo de 2021

A muller na ciencia

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 Queremos celebrar que as mulleres e as nenas podemos chegar a calquera lugar e destacar en calquera ámbito, no das ciencias tamén. Neste Día Internacional reivindicamos o que corresponde ás científicas de todos os tempos para que non siga a producirse o efecto Matilda. Como? Que non sabedes o que é? Prestade atención!!!

 

                         Obtido no canal de Youtube #NoMoreMatildas

  En Casa del Libro tendes un montón de recomendacións para ler sobre mulleres científicas. (Póñovos esta páxina, non para que merquedes senón porque ten moitísimos libros e reseñas).

 
 

 Sabedes o que é un "Doodle de Google"? "Unha alteración temporal do logotipo na páxina principal de Google que pretende celebrar festas, eventos, logros ou persoas." (Fonte: https://es.wikipedia.org/). Na páxina de Mujeres con ciencia aparece unha entrada con doodles de mulleres relacionadas coa ciencia.

 

 
 

 Para ir rematando esta  fascinante celebración un par de actividades. A primeira proposta ven da Universidade da Coruña, "Atrévete a pescudar con elas", realizado para dar a coñecer a traxectoria de diferentes científicas.

 
 
 
 
                               Obtido no canal de Youtube Universidade da Coruña
 

 A segunda proposta é  de teatro científico realizado por cinco profesoras e un técnico de laboratorio da Universidade de Sevilla. Para captar a atención dos nosos nenos/as estaría ben que fosen vendo as historias de forma independente.

 

 
 
Obtido no canal de Youtube Universidad de Sevilla
 
 
Estas historias represéntanse teatralmente en directo pero, por culpa da actual situación, fíxose esta curta. Tamén un cómic. Queredes velo? Clicade aquí para acceder.
E coma sempre lembrarvos que temos entradas doutros anos. Onde? Aquí!

Tamén desde as Concellerías de Promoción Económica e de Igualdade, publicaron este video para darlle visibilidade á labor que pequenas e grandes realizan xa mesmo e poden realizar no futuro neste sector. Dan a súa opinión mulleres de Ames: alumnas dos IES do Milladoiro e Ames coas súas profes, dos coles de Barouta, Ventín, Agro do Muiño e do  Ceip A Maía.  A idea xeral que aportan entre todas é moi interesante: "aínda que é importante visibilizar e valorar o traballo das mulleres científicas, non é cuestión de celebrar un só día, senón facelo tódolos días, sin diferenciar entre nenas e nenos, para conseguir un equilibrio no que primen sobre todo as capacidades. E sobre todo, como dí unha delas, que che guste a Ciencia

 

 

  Como exemplo da labor das mulleres na Ciencia, podedes ler este artigo na páxina da ONU sobre "as mulleres científicas, líderes na loita contra o COVID-19". Fala do papel crucial das investigadoras nos diferentes frentes da loita contra o virus, desde los avances no seu coñecemento hasta o desenvolvemento de técnicas para as probas de detección e as vacunas. LER MÁIS  PREMENDO AQUÍ+