miércoles, 17 de febrero de 2021

FEBREIRO, MES DE ROSALÍA DE CASTRO, POETISA GALEGA

                                 
Resultado de imaxes para: foto pequena de rosalía de castro en frepil 

O 24 de febreiro celébrase o día de Rosalía de Castro (coincidente coa data do seu nacemento, o 24 de febreiro de 1837 ). É a escritora máis universal de todos os tempos, precursora da poesía española moderna, do existencialismo e pioneira do pensamento feminista.


Representa un mito e símbolo de Galicia, é autora de obras tan salientables como; “Follas Novas”, “Cantares Gallegos”, “A Orillas del Sar” etc


Foi unha escritora innovadora e comprometida, adiantada no tempo, que empregou o galego na literatura cando ninguén o facía. Nas súas obras reflicte a situación dunha Galicia maltratada e desangrada pola emigración, denunciou a pobreza dos labregos galegos e a precaria situación laboral de moitos que estaban fóra.


Rosalía de Castro foi unha muller singular cunha extraordinaria sensibilidade que ninguén como ela soubo retractar a Galicia daquela época que lle tocou vivir.


Como exemplo de que Rosalía de Castro habita un ano máis no noso centro, dende  o Equipo da Biblioteca queremos poñer a disposición do profesorado varios recursos sobre a celebración. Para elo empezaremos recordando a súa biografía, ollando os seguintes VIDEOS que nos falan da súa vida, actividades interactivas, poemas musicados das súas obras, unidades didácticas, libros... para que as súas obras e poemas sementen nos nenos e nenas un forte vínculo coa nosa língua que ela tanto dignificou.

 

  

      

ACTIVIDADES INTERACTIVAS

- Biografía 

-  Coñecendo a Rosalía

UNIDADES DIDÁCTICAS

-Carpeta de U.D

_ Genially de Rosalía

-Outras actividades

- Recurso feito por un cole (Autora: Cristina Corral Soilán)

- BLOG CON RECURSOS DE ROSALÍA

POEMA .NEGRA SOMBRA