lunes, 21 de diciembre de 2020

NADAL

 

XA CHEGOU O NADAL!      

Xa estamos no Nadal, tempo de ledicia, descanso, bos desexos e de compartir momentos coa nosa   familia, este ano dunha forma especial e insólita polo que estamos a vivir. Pero sempre teremos  as esperanzas postas nun 2021 mellor, máis próspero,seguro e que nos devolva o sorriso, a  todos a liberdade e a ilusión que tiñamos antes de que esta nefasta pandemia nos cambiara a vida.

 

Por iso dende a biblioteca do Ceip Bibei a xoaniña Lisa quere desexarvos a todos e todas que  pasedes un BO NADAL,  non sin lembrarvos antes que vos coidedes MOITO, respectando as medidas recomendadas polas autoridades sanitarias como fixestes tan ben ao longo deste primeiro trimestre do curso, para que o vindeiro día 11 de xaneiro podamos reencontrarnos de  novo sans e salvos e traiamos moitas aventuras e historias que contar.

 

Agora como non podía ser doutro xeito, déixovos unhas recomendacións de LIBROS DE NADAL que podedes ler ao voso antollo durante as vacacións e pasar momentos divertidos ao calor da  chimenea, logo tamén vai un resumo das novas adquisicións de libros que mercamos para a biblioteca baixo o título  NOVIDADES.

 LIBROS DE NADAL

 

NOVIDADES