viernes, 13 de noviembre de 2020

PRÉSTAMOS

PRÉSTAMOS  BIBLIOTECA. CURSO 2020-2021   

                                    

Ola a todos/as e benvidos a un novo curso  2020-2021 tan atípico,  marcado pola pandemia do Covid-19! 

A pesares  das circustancias e limitacións actuais nas que vivimos,  e  que  do protocolo Covid se desprenden, dende o Equipo de Biblioteca estamos traballando cada día para que disfrutedes dos nosos servizos, da maxia, fantasía e ilusión que atoparedes en cada libro, en cada lectura da mellor forma e máis segura posible.

Para empezar,  retomaremos o traballo pendente desde marzo do ano pasado para continuar  coa nova organización adaptada aos protocolos Covid marcados polo goberno. Esto resúmese nos seguintes puntos:

1. Cada titor/a encargarase de que o seu alumnado  devolva os libros canto antes, que cada un ten prestados na casa desde MARZO, os devolverá no programa Autoempréstito e recollerá os marcapáxinas dos estantes de libros da biblioteca e os custodiará no caixón da súa aula. 

2. Entregaranse os novos carnés da biblioteca  aos titores correspondentes.

3. Todos os préstamos e devolucións teñen que ser rexistrados no “Autoempréstito”polos titores/as de cada aula.


4. Para facer o préstamo  os/as  titores/as farano desde o logo do escritorio AUTOEMPRÉSTITO nunca desde dentro de Meiga. Hai un TITORIAL no final desta páxina que di como facelo.





3. Empezaremos a facer os préstamos e devolucións  da seguinte maneira: 

  •  Entregaremos un colector de plástico por aula ( total 9 colectores) e cada titor /a co seu alumnado  o decorará con creatividade para motivar o gusto polos libros e pola  lectura.

  • .Cada titor/a  irá aos estantes da biblioteca do SEU CICLO e escollerá libros distintos (tantos en número  como alumnos teña na aula), rexistraos no Autoempréstito,  os meterá no colector de plástico e súbeo para a súa aula na que permanecerá tantas semanas como alumnos/as teña o curso. Cando pase todo ese tempo e todos lean todos os libros,  quedarán en corentena durante 24 ou 48  horas  ata que sexan colocados de novo nos estantes da biblioteca.

  •  En Infantil prestaranse os libros  TODOS OS VENRES, devolveranos os MÈRCORES, quedarán en corentena durante 48 horas e logo o VENRES novo préstamo.

  •  Os libros  en Primaria prestaranse TODOS OS VENRES e poderán lelos durante unha semana  (de venres a venres+ a fin de semana seguinte) e o LUNS devolveranse. Rexistrarán no Autoempréstito  o préstamo do libro que leva e a devolución do que levara o alumno/a o venres anterior. Dende o luns permanecerán en corentena ata o seguinte préstamo do venres. 

  • O primeiro VENRES de préstamo as titoras rexistrarán no Autoempréstito o préstamo. Despois cada luns de devolución pode rexistrarse o PRÉSTAMO + A  DEVOLUCIÓN ao mesmo tempo.

  • Previamente entregarase un modelo de estadillo a cada titor/a para que faga o préstamo na aula e logo o poda pasar ao Autoempréstito nises días citados.



NOTAS

 *Se alguén tivera dúbidas de algo, que se poña en contacto cos membros do Equipo de Biblioteca que  intentarán axudarlle no que precise.

*Toda a organización e funcionamento da biblioteca estará suxeita tanto  aos cambios que se deriven da pandemia como as vosas suxerencias e as ideas que vaiamos acuñando segundo vaiamos vendo  para mellorar e ofrecer o mellor servizo posible.

*O primeiro préstamo realizarase cun membro do Equipo de biblioteca do seguinte xeito:


                       - Educación  Infantil : con Ana

                       - Primeiro Ciclo: con Presen

                       - Segundo Ciclo: con Paqui

                       - Terceiro Ciclo: con Chelo  


                                    TITORIAL DE ISSUU.  CLICA NA IMAXE