miércoles, 23 de octubre de 2019

A Bibliobibei volve con forza polo novo curso!

Para este curso 2019/2020 a nosa biblioteca prepárase para vivir de novo moitas aventuras. Os cativos poderán escoller entre unha ampla gama de lecturas aquela coa que máis se identifiquen, ese libro que lles faga imaxinar, pensar ou viaxar a outros mundos e outras épocas. Ler por saber, ler para atopar información pero sobre todo, ler por pracer.

Como dixo José Luis Borges unha vez, "o verbo ler, como os verbos amar e soñar, non atura o imperativo".