jueves, 6 de junio de 2019

A bibliobibei a punto de pechar as súas portas ata o vindeiro curso!

Como todos e todas sabedes, quedan pouquiños días para rematar este curso, o cal foi moi intenso e entretido na nosa biblio e estamos moi ledos e orgullosos por este feito!

Unha das actividades levadas a cabo, consistiu en abrir a biblio durante os períodos de lecer e seleccionar aos bibliotequeiros/as para que comezaran a súa labor, a cal foi sacada adiante con ganas e interese. É por elo que, dende o equipo de biblioteca, quixemos corresponder cos nenos/as axudantes facendo entrega dun diploma. 

Estamos a puntiño de pechar as portas ata setembro e damos fe de que xamais esqueceremos as experiencias vividas! Ata moi prontooooooo!