lunes, 8 de octubre de 2018

COMEZAMOS A CONMEMORACIÓN DO DÍA 24 DE OUTUBRO...

Bos días de novo!

Con motivo da celebración do 24 de outubro, DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS, esta mañá a nosa mascota, a XOANIÑA LISA, deixou polas aulas unha misiva referente á data sinalada. Atendendo ó seu mandato, levamos a cabo a preparación da actividade. Para elo, durante os 25 min da hora de ler, os distintos cursos da E.I. e da E.P. asistiron á biblio do CEIP BIBEI para ser partícipes do visionado dunha presentación levada a cabo polo equipo de biblioteca. Puidemos ver algunhas das bibliotecas máis fermosas do mundo e collemos ideas para imaxinar a nosa biblioteca ideal. Unha vez posta en marcha a nosa mente, levaremos a cabo uns traballos que serán visibles o propio día....Polo momento, todos e todas estamos preparados para crear a mellor das biblios, polo que estade atentos ás novidades, a ver como nos sorprenden os nosos pequechos/as!!!

Deixamos a continuación o enlace de dita presentación para que poidades ver o ben que nos quedou!!

Boas leturas!


FERMOSAS BIBLIOTECAS!