domingo, 9 de septiembre de 2018

RUMBO AO CURSO 2018/19!!!

Bos días bibliotequeiros/as!

Despois de tantos días descansando, chegou a hora de voltar ó CEIP BIBEI. É por isto que, o vindeiro mércores 12 de setembro, temos unha cita no cole. Voltaremos a ver cariñas de sono, ledicia e seguro que algún que outro choro....pero non pasa nada!!!! Pronto colleremos ritmo de novo e o curso que nos espera, estará cheo de aprendizaxe e ilusión. 

A nosa biblio atópase en reformas para estar ainda mais fermosa, mais o noso traballo comeza dende xa, polo que vos iremos informando de todas as novidades.

Bo comezo de curso e boas leturas!