Celebramos o Samain e o Dia das bibliotecas escolares
Estas últimas semanas de Outubro, celebramos o Dia das bibliotecas escolares (24 de Outubro) e o Samaín.
No proxecto lector, algúns nenos e nenas de Primaria, ou por aulas foron a ler un conto ao alumnado de Infantil e Primeiro ciclo de primaria. Todos gozaron moito das lecturas ademais das boas interpretacións que fixeron.
Estas semanas tamén fixemos entre todos un concurso de portadas terrorificas e as familias axudaron a elaborar unhas escobas para Samain.
Pasámolo de medo!