martes, 2 de junio de 2020

Voltamos

Xa pasaron uns meses dende a última actividade na nosa Biblioteca debido a esa causa que tod@s coñecemos. Unha auténtica tristura ver un cole e a súa biblioteca baleiros... Por sorte e esforzo de moitísima xente podemos agora recuperar un pouco a situación, esa nova normalidade.
Unha biblioteca é un espazo que contén moita vida, moitas historias, algo que serve para o desfrute intelectual pero sen os nosos nenos e nenas, esta Biblioteca do Bibei está apagada, non é o mesmo. Por iso, a través deste Blog imos tratar de achegar unha serie de cousiñas interesantes para poder consultar a "biblio" dende casa.
Nesta nova publicación facilitamos unha serie de enlaces ao blog da profe Chelo! Podedes ver publicacións sobre o Día do Libro e Carvalho Calero, autor que recibiu a homenaxe este ano nas Letras Galegas.
http://chelo-blogdechelo.blogspot.com/2020/04/san-jorge-san-jordi-dia-del-libro.html
http://chelo-blogdechelo.blogspot.com/2020/05/vida-e-obra-de-ricardo-carvalho-calero_25.html
http://chelo-blogdechelo.blogspot.com/2020/05/preguntoiro-musical-ricardo-carballo.html