martes, 14 de mayo de 2019

Xornada interxeracional no CEIP BIBEI

Hoxe, a nosa biblioteca acolleu unha actividade emotiva e de mutuo aprendizaxe, sendo esta unha xornada interxeracional entre os nosos alumnos/as e a xente que viviu outros tempos de Viana do Bolo. Contáronnos aspectos referentes á escola, á hixiene, ós medios de transporte e ós traballos varios daquela época. Os alumnos/as mostráronse moi interesados e respetuosos, preguntando e solventando dúbidas que ían xurdindo, tales como:

- Montabades en cabalo?

- Tiñades libros?

- Con que xogabades?

- E vós...maquillabádesvos?

Sen dúbida, foi unha xornada fermosa e xa estamos esperando a que estas fontes de sabedoría se acheguen de novo ao cole para seguir contándonos a súa vida. Graciñas!!!!