lunes, 10 de diciembre de 2018

En marcha o noso Hospital de libros!

Sabemos que a ninguén lle gustan os hospitais pero....podémosvos asegurar que este é fermoso e moi importante no CEIP BIBEI! Co paso do tempo, todo se deteriora.... pois o mesmo lle ocorre aos libros e como non nos gusta ver follas rotas ou portadas deterioradas, os nosos nenos/as, coa axuda dos bibliotequeiros/as, crearon un espazo na entrada da biblio chamado HOSPITAL DE LIBROS. Dende agora, cando vexamos un libro en mal estado, deixarémolo nese espazo e procuraremos sanalo entre todos/as.