jueves, 22 de noviembre de 2018

INICIÁMONOS NO MUNDO BIBLIOTEQUEIRO!

Desta vez estamos cargados de ledicia e felicidade….esperade que vos contamos o motivo!

Vai un tempo que vimos pulindo un proxecto moi importante para nós e para a nosa biblio, posto que decidimos que a biblioteca do Bibei permanecerá aberta os martes, mércores e xoves durante o período de lecer. Para que isto sexa posible, os alumnos/as de 6º que se ofreceron voluntarios, están recibindo durante esta semana a formación necesaria para covertirse en bibliotequeiros e bibliotequeiras!!

Coa súa axuda, faremos da biblio un espazo único e agradable para que os alumnos/as poidan ler, xogar, crear... os bibliotequeiros/as estarán identificados e colaborarán para que todo esté en orde e coidado.

Estade moi atentos porque en seguida voltaremos con moitas novidades!! Polo momento, ide botando unha ollada e veredes canto nos axudan os nosos meniños/as!