viernes, 23 de marzo de 2018

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA!!!!

E paseniño paseniño....xa chegamos ás vacacións de Semana Santa!!!! Para que vexades o ben que nos alimentamos (para coller folgos e desfrutar dunha semaniña de descanso), esta semana tivemos na Biblioteca do noso cole un proxecto denominado "Ponlle as pilas ao teu bocata", onde escoitamos a importancia dunha alimentación equilibrada e participamos en actividades dinámicas e motivadoras. Para rematar, no comedor escolar, cada neno e nena elexiu os produtos que máis lle gustan para crear o seu bocadillo Temos que dicirvos que..............ESTABAN BOÍSIMOS!!!

Velaquí unha mostra do ben que o pasamos!!!!!