viernes, 2 de febrero de 2018

LOITAMOS POLA PAZ!

Para conmemorar este día, alumnado e mestres/as do CEIP BIBEI, quixemos poñer o noso gran de area levando a cabo varias actividades, tales como a creación entre todos dun corazón xigante recheo de bolboretas de cores. Cada curso tiña asignada unha cor e unha vez rematado foi coroado cunha frase alusiva á PAZ. Despois do tempo de lecer reunímonos todos os cursos na biblioteca, onde se levaron a cabo leturas de manifestos en prol da PAZ. Rematamos o acto con bailes, videos e cancións, así como entregando un marcapáxinas con frases referentes á temática a tratar. Foi unha xornada moi emotiva para tod@s!