sábado, 28 de octubre de 2017

ROBOTIZÁMONOS PARA CELEBRAR O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES!!


O pasado martes, 24 de outubro, levamos a cabo a celebración do Día das Bibliotecas Escolares dun xeito diferente e dinámico. A actividade foi posible grazas, fundamentalmente, á colaboración do CEE do Pino de Ourense, o cal nos prestou as súas plantillas e os seus escornabots, así como grazas á colaboración do resto de docentes e polo tanto grazas ás coordinacións do CEIP Bibei.
O martes á primeira hora, os alumnos e alumnas do noso centro levaron unha grata sorpresa ao recibir nas súas aulas unha carta da Xoaniña Lisa, na cal os convidaba a asistir á Biblioteca e ver o que alí estaba organizado para tod@s eles/as!
Levamos polo tanto a cabo unha iniciación ó mundo dos escornabots, traballando sobre diversas plantillas referentes á organización e funcionamento da biblioteca, a cesta da compra, a educación vial e os contos clásicos.
Para que vexades o ben que o pasamos, mostrámosvos unhas imaxes das caras de alegría e emoción dos nos@s raparigos e raparigas!!!!